Saen á venda os auriculares BeatsX
venres, 10 de febreiro do 2017
Cando no mes de setembro presentáronse
os novos iPhone 7 sen conector de auriculares de 3,5 milÃmetros entendÃase
que esta aposta de Apple buscaba promover o uso de auriculares sen fÃos como o
seus novos AirPods, que grazas ao uso dun chip W1 conseguen facilitar as
accións de activación en vinculación, pero aÃnda que os smartphones de Apple
chegaron ao mercado español o 16 de setembro, os
auriculares fixéronse esperar, e non chegaron a mans dos consumidores até o
20 de decembro, en cantidades tan reducidas que incluso podemos considerar que
aÃnda non están á venda, xa que o tempo de esperar
polos mesmos na tenda en liña de Apple é de 6 semanas.
Curiosamente estes auriculares, pese a ser moi avanzados tecnoloxicamente, non
son os máis recomendables de xeito xeral, tanto polo seu elevado prezo (179
euros) como polo feito de que son de talle único, o que fai que non se axusten
a numeroso pavillóns auditivos, ou sexa, que para moitos usuarios non
resultarán confortables. Por iso están a recibirse con alegrÃa os novos auriculares
BeatsX, que poden
mercarse xa por 149,95 euros, polo que non son só máis económicos que os de
Apple, incluÃndo tamén o reputado chip W1, senón que tamén inclúen 4 tamaños de
almofadas para adaptalos a distintas formas de orella, contan con ganchos de
suxeición extraÃbles (para non ter medo de que caian da orella durante a
práctica deportiva) e comezarán a chegar aos compradores o vindeiro dÃa 14.
Temos asà que os auriculares BeatsX son máis prácticos para a
reprodución musical que os AirPods (pois ofrecen illamento acústico), aÃnda que
resultan menos revolucionarios ao contar cun cable que une ambos auriculares (o
que para moitos usuarios é unha vantaxe). Amais tamén gozan dunha autonomÃa de
até 8 horas (3 horas máis que os AirPods) con carga rápida que en 5 minutos
facilita o uso dos auriculares durante 2 horas.
Temos asà unha magnÃfica alternativa para os AirPods, que sen dúbida preferirán
os que queiran escoitar música ou realizar deporte cos auriculares postos,
aÃnda que resultarán menos prácticos para os que vaian a empregalos unicamente
como sistema de mans libres.
VÃdeo promocional dos auriculares BeatsX