Sae á venda o ultraportátil Samsung NC10

mércores, 19 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Este xoves chega ás tendas o ultraportátil Samsung NC10, que prometía unha autonomía de ata 7 horas e media (aínda que nunhas condicións moi especiais), e que co seu procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 160 Gb, unha pantalla LED de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, Wi-Fi, Bluetooth, webcam de 1,3 Mpíxeles e lector de tarxetas en apenas 1,3 quilogramos de peso se venderá a 429,95 euros, polo que se alza coma un dos ultraportátiles máis competitivos.
Nun primeiro momento se venderá en cor branca, chegando máis adiante en versións negra e azul.

PUBLICIDADE