Sae á venda o primeiro smartphone de Blusens
venres, 17 de xaneiro do 2014
A difÃcil
situación económica que está a vivir Blusens Technology non paralizou á compañÃa
con sede en Compostela, e nos últimos dÃas están a ampliar
o seu catálogo de produtos con smartphones con Android e dobre SIM a prezos
que van dende o 79 euros do Blusens Smart Pocket ata os 189 euros do Blusens
Smart Trendy, pasando polo primeiro dos novos teléfonos en pórse á venda, o Blusens Smart
View, que ten un prezo de 119 euros (estando xa dispoñible tanto nun modelo
branco como noutro
negro).
Estamos ante un smartphone moi básico a todos os niveis, que funciona cun
procesador MediaTek de dobre núcleo a 1,3 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), pantalla AMOLED de
4 polgadas cunha resolución de 640 x 360 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, microUSB
2.0 OTG, cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles, baterÃa de 1.500 mAh, 1,03 centÃmetros de
grosor e 137 gramos de peso que parece buscar simplemente achegar un smartphone
libre con Android 4.2 a un prezo reducido. Como o resto de dispositivos da
serie Smart, inclúe 25 Gb de almacenamento na nube durante un ano sen custo
adicional.