Sae á venda o novo móbil aberto de OpenMoko
luns, 7 de xullo do 2008
A finais de 2006
OpenMoko anunciaba que Ãa comercializar un teléfono móbil, o Neo 1973, que
serÃa totalmente libre, tanto a nivel de hardware coma de software, convertendo
este soño en realidade en
xullo de 2007, e agora, un ano despois, dan un paso máis adiante cun
novo terminal, o Neo
FreeRunner, que se pode encargar dende o pasado venres, e que hoxe
comeza a enviarse a distribuidores e consumidores.
O novo móbil aberto conserva a mesma filosofÃa que o seu predecesor, pero conta
cunhas prestacións técnicas máis avanzadas. Estamos asà ante terminal tribanda,
con pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 480 x 640 pÃxeles, Wi-Fi,
aGPS, Bluetooth 2.0, 128 Mb de RAM e 256 Mb de memoria Flash e sensores de
movemento.
Por desgraza, o
custo deste terminal (que non conta con tecnoloxÃa 3G) é bastante elevado,
vendéndose a 399 dólares o que fai que sexa un produto só válido para
desenvolvedores que desexen tirar proveito de todas as prestacións do equipo ou
adaptalo para unhas necesidades moi concretas grazas a que incluso os esquemas
do seu hardware son públicos.