Sabrewulf é o novo loitador de balde en Killer Instinct

venres, 3 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Nun momento no que as franquías de Street Fighter e Mortal Kombat estaban a arrasar nos salóns recreativos, Rare fixo a súa achega ao xénero con Killer Instinct, saga que contou cun título orixinal en 1994 e unha secuela en 1996, para quedar no esquecemento ata o lanzamento para Xbox One, grazas a un desenvolvemento de Double Helix Games para a nova consola de Microsoft que sorprendeu no seu anuncio por adoptar a fórmula do free-to-play, de xeito que inicialmente pode xogarse de balde co personaxe Jago, podendo desbloquear outros loitadores mediante pagamento e agora volven chamar a atención cunha actualización que corrixe certos erros, mellora o sistema de nivel dos xogadores e muda o loitador de balde a Sabrewulf, o que podería instar a moitos xogadores a dar unha nova oportunidade a un título que ten o seu principal atractivo no deseño dos seus personaxes.
Pare que en Killer Instinct estamos ante unha das mellores integracións dun sistema de pagamentos nun xogo de loita, por non tratarse dunha fórmula de pay-to-win, senón da posibilidade de mercar o xogo por partes, o que permite que cadaquén pague segundo o interese que teña polo produto (instando tamén aos desenvolvedores a engadir melloras con certa frecuencia para animar a máis usuarios a pasar por caixa).


Trailer de lanzamento de Killer Instinct

PUBLICIDADE