SIVSA seguirá dando soporte aos usuarios dos sistemas de información de Sanidade

venres, 3 de xaneiro do 2020 Redacción

A firma galega SIVSA comezou ano informándonos dun importante na súa andaina tecnolóxica de máis de trinta anos desenvolvendo servizos e ferramentas informáticas avanzadas. En termos máis concretos, SIVSA renovou renovou a adxudicación do proxecto de apoio a usuarios dos sistemas de información da Consellería de Sanidade da zona sur de Galicia, unha renovación que, en palabras da empresa de Vigo, “supón un fito máis para a compañía, pois son xa 12 anos os que levamos encargándonos desta xestión”.
O devandito significa que a Consellería de Sanidade contará novamente con SIVSA para o desenvolvemento de labores de soporte e implantación en centros de saúde de Ourense e Pontevedra, ademais de nas unidades administrativas, de cancro de mama, de atención de drogodependencia e nas áreas de contact center, ademais de zonas veterinarias, matadoiros e lonxas. Cun orzamento de 228.942 euros anuais, o contrato contempla unha duración dun ano, con tres anualidades máis prorrogables.

PUBLICIDADE