SIVSA revoluciona a xestión dos centros médicos co seu software Fenix
martes, 13 de outubro do 2015
Fenix
é un software de xestión clínica na nube
de raizame galega, especialmente pensando e optimizado para médicos
e clínicas de pequenas dimensións. A plataforma foi desenvolvida
por SIVSA,
empresa galega referencial en solucións informáticas para a saúde,
con máis de 25 anos de experiencia e presenza en máis de 30
hospitais en seis países diferentes. Con Fenix, informan os
responsábeis de SIVSA, podemos controlar e axilizar de maneira
rápida e intuitiva los procesos que se levan a cabo nas clínicas.
Todos eles son centralizados en Fenix, dende a chamada para solicitar
unha cita até a facturación dos servizos (tanto ao propio paciente
como a unha aseguradora).
“Trátase
dunha ferramenta moi práctica e moi útil”, afirma o doutor
Alfredo G. Allut (xefe do Servizo de Neurociruxía do Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago), logo de ter probado Fenix.
Segundo comenta, “con esta plataforma podes xestionar toda a
información clínica en calquera lugar e a un só clic, trátase
dunha tecnoloxía moi recomendable e satisfactoria”, afirma o
doutor G. Allut.
Malia que toda a xestión
da clínica faise dende a mesma aplicación, Fenix define dous tipos
de usuarios, o médico e o administrativo, centrados en
funcionalidades diferentes. O usuario administrativo encárgase da
creación de pacientes, a xestión das citas, a axenda e o calendario
da clínica, así como de todos os procesos de facturación.
Por outra banda, o
médico, con independencia de que delegue nun administrativo estas
funcións, pode acceder a elas en todo intre. Pero, de xeito
adicional, conta con funcionalidades específicas do seu rol, tales
como:
· Xestión de axendas
médicas.
· Rexistro do diario
clínico.
· Xestión e
automatización de exames e enquisas clínicas.
· Emisión e sinatura
electrónica de receitas.
·
Creación de modelos (plantillas).
· Xestión e sinatura
electrónica de informes.
· Historia clínica
electrónica.
· Normalización da
información, codificación CIE-10 e medicamentos aprobados pola
AEMPS.
· Integración con
aseguradoras.
· Control automático da
facturación.
· Migración de datos e
exportación da información clínica.
· Soporte en liña.
· E moitas máis
funcionalidades que axudarán a xestionar as actividades da
clínica.
O que se pode facer
con Fenix
Segundo
informa SIVSA, pódese facer basicamente todo con Fenix. A nivel
xeral, con Fenix non se precisa de ningún software adicional para a
xestión dunha clínica, e posto que se atopa aloxado en Azure,
a nube de Microsoft, é accesíbel dende calquera recanto e con todas
as medidas de seguridade necesarias para tratar con datos sensíbeis,
“xa que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
confirmou as garantías dos servizos corporativos de Microsoft na
Nube para a exportación de datos”, explican dende a firma galega.
Ao fío disto, Gonzalo Díe, director xeral do Sector Público de
Microsoft, afirmou que “Fenix tira proveito de todas as vantaxes da
nube de Microsoft para ofrecer aos profesionais da sanidade unha
solución integral e que permite xestionar de maneira eficiente os
procesos das clínicas do día a día”.
Lembrar que Fenix utiliza
Azure e a Web para a xestión clínica, movéndose do modelo baseado
en software empaquetado ao modelo SaaS para o sector saúde,
especialmente dirixido a clínicas pequenas con persoal de TI
limitado.
O que me ofrece Fenix
Fenix
é totalmente personalizábel, ofrecendo diversos plans en función
das nosas necesidades. “Porén”, sinala a empresa, hai marxe de
abondo para un labor óptimo de adaptación. Así, en caso de que
ningún dos plans propostas se chegase a axustar ao que busca
exactamente o cliente, “sempre pode adaptalo de maneira específica
ao número de usuarios que precise”. Con todo, engade SIVSA, o máis
importante é que Fenix ofrece un primeiro mes de proba gratuíta e
totalmente funcional. É dicir, podémonos dar de alta dende xa e sen
necesidade de achegarmos ningún dato bancario e sen ningún tipo de
limitación. Para máis información, cómpre visitar
www.getfenix.net.