SIVSA renova as licenzas FileNet da Deputación de Pontevedra

mércores, 27 de febreiro do 2019 Redacción

A Deputación de Pontevedra, por terceiro ano consecutivo, vén de confiar na empresa galega SIVSA, con sede en Vigo en centrada no subministro de tecnoloxías dixitais avanzadas, en relación á renovación das licenzas para a xestión de contidos FileNet. A firma TIC resultou adxudicataria do contrato para este ano 2019, que inclúe unha contía de 27.764,66 euros. O contrato abrangue tamén o servizo de soporte.
Segundo informa SIVSA, “a actuación é fundamental para o traballo diario da institución, xa que o software FileNet permite almacenar e clasificar a documentación para que os usuarios, xa sexa persoal do organismo público ou cidadáns da provincia, poidan atopar a información que buscan de forma rápida e cómoda”. Amais, informa a empresa, o software pon en xogo vantaxes como a posibilidade de realizar procuras por criterios, de dispor dun histórico de accións realizadas nos documentos ou de facer a lectura dun mesmo arquivo por varios usuarios á vez e desde distintas localizacións. Ademais, posibilita a automatización de procesos e reduce o tempo de procura e a perda de información causada pola deterioración física do documento.

PUBLICIDADE