SEGA Rally volverá en 2011 coma xogo en liña descargable

luns, 31 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

SEGA vén de anunciar que están a preparar a recuperación dunha das súas grandes sagas de condución, de xeito que durante este ano (sen concretar data) chegará á PlayStation Network e Xbox LIVE Arcade o xogo descargable SEGA Rally Online, que inspirado en SEGA Rally Revo e SEGA Rally 3, chegará ás actuais consolas domésticas de alta definición con novas características e a coa posibilidade de competir en liña cos amigos.
SEGA Rally Online Arcade recuperará características moi populares tanto en consolas como en máquinas recreativas coma os modos Championship Battle e Time Attack. Os usuarios poderán competir ata con 5 condutores espallados polo mundo, elixindo entre 13 coches de rally e con táboas de puntuacións en liña.

PUBLICIDADE