Ryse encabeza os Xogos con Gold de abril
xoves, 23 de marzo do 2017
Os subscritores Gold de Xbox LIVE poden aledarse moito ao
coñecer os xogos
que recibirán sen custo adicional durante o mes de abril para a súa
consola, xa que nesta ocasión os xogos de Xbox One e Xbox 360 que poderán incorporar
á súa colección dixital son auténticos tÃtulos de primeira fila.
O xogo de Xbox One que abrirá o mes de abril será Ryse:
Son of Rome, un dos grandes tÃtulos de lanzamento de Xbox One, que
destacaba por tirar proveito de Kinect, pero que pode gozarse sen controis por
movemento, de xeito que os usuarios que gusten dos xogos de acción ou que sexan
amantes das historias ambientadas no Imperio Romano estarán encantados de poder
encarnar ao soldado romano Marius Titus no campo de batalla.
A partires do 16 de abril o xogo que ofrecerán aos usuarios Gold será a segunda
tempada da aventura gráfica The Walking
Dead, que permÃtenos volver a vivir de xeito episódico aventuras
ambientadas na banda deseñada de Robert Kirkman que deu pé á célebre serie
televisiva que leva o mesmo tÃtulo.
Os xogos de Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) que chegarán en abril
serán o xa clásico Darksiders,
considerado por moitos como un Zelda adulto, e que creou un universo tan
atractivo que non tardou en recibir unha secuela; e Assassin’s
Creed: Revelations, a derradeira aventura de Ezio Auditore, o Assassin
de máis éxito da franquÃa de Ubisoft.
- Na primeira quincena de abril estará dispoñible para os usuarios Gold Darksiders
- Assassin’s Creed: Revelations farase agardar até a segunda metade de abril
VÃdeo de presentación dos Xogos con Gold do mes de abril