Router Wi-Fi con soporte para modems 3G
xoves, 30 de abril do 2009
Os usuarios que
queiran conectar varios equipos por Wi-Fi á Internet, pero non conten con
cobertura de ADSL ou cable, poden optar polas comunicacións 3G para esta
tarefa, resultando de grande utilidade para iso o router LevelOne MobileSpot,
que conta cun porto USB para
conectar un modem 3G, e asà compartir este acceso á Rede entre
varios equipos. Amais, este router tamén conta con porto Ethernet, de xeito que
tamén servirÃa, coma un router neutro (por exemplo, para conectar a un
cablemodem). Incluso existe a posibilidade de conectar á Rede por cable, e no
caso de que fallase tal conexións, empregase o modem 3G coma respaldo (o que
serÃa de moita utilidade no caso de ter contratado un acceso á Internet pouco
estable).
O dispositivo mide 12,9 x 12,4 x 3,2 milÃmetros e o seu prezo é de 149 dólares
(119,49 euros) o que parece un tanto elevado se temos en conta que moitas das
súas funcionalidades son posible en routers que na actualidade hai no mercado
por uns 80 euros.