Rosas impresas en 3D para celebrar o Día dos Namorados

xoves, 6 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Coa proximidade do Día de San Valentín a empresa Brit + Co decidiu deseñar un agasallo ideal para a súa entrega no traballo ou en lugares públicos resultando á vez orixinal e moi acorde co perfil tecnolóxico que tanto abonda na cidade de San Francisco, e ofrece rosas impresas en 3D, que incluso poderán entregarse en persoa ao seu destinatario grazas ao servizo TaskRabbit.
Este servizo que polo momento só está dispoñible en San Francisco (agardan espallalo polo resto de EE.UU. para o ano que vén) está baseado nun establecemento de impresión 3D que só estará aberto ata o 28 de febreiro, e ofrece unha rosa impresa en 3D por 15 dólares, media ducia de rosas por 45 dólares (en ambos casos habería que engadir 10 dólares de gastos de envío) e unha ducia de rosas por 100 dólares (con gastos de envío de balde). Unha curiosa proposta da que advirten que hai existencias moi limitadas.

As rosas impresas en 3D poden mercarse soltas, ou en lotes de 6 ou 12 unidades

PUBLICIDADE