Roku presenta novos reprodutores multimedia de contidos remotos
xoves, 23 de setembro do 2010
O anuncio dun
dispositivo coma o Apple TV, con certas limitacións e un prezo excesivo
(119 euros), non captou a atención de moitos consumidores, pero os que gusten
de trebellos que leven os contidos multimedia do ordenador ao televisor estarán
contentos ao saber que Roku
pensa atender a súa demanda con varios dispositivos que parten dun básico
Roku HD por 59,99 dólares (44,87 euros) que permite reproducir vÃdeo a 720p e
ten conectividade Ethernet e Wi-Fi. Máis avanzado é o Roku XD, cun prezo de 79
dólares (59,91 euros) que xa soporta vÃdeo a 1.080p e conectividade Wi-Fi N e,
coma colofón, o Roku XDS que venden por 99 dólares (74,89 euros), incorpora
tamén conectividade Wi-Fi N de dobre banda (mellorando aÃnda máis a
retransmisión sen fÃos de contidos en alta definición), aparte de HDMI tamén
ten saÃdas de vÃdeo por compoñentes e saÃdas ópticas de audio e incluso un
porto USB para poder reproducir contidos de unidades de memoria, o que leva
este streamer a converterse nun
reprodutor multimedia (limitado a un reducido número de formatos: vÃdeo en
MPEG-4, música en MP3 e fotografÃas en JPEG e PNG).
Externamente os 3 dispositivos son practicamente iguais e, aparte de acceder a
vÃdeos e fotografÃas que teñamos no ordenador, tamén poden reproducir contidos
en liña coma programas e pelÃculas de Amazon Video On Demand, vÃdeos en Vimeo
ou fotografÃas en Flickr, achegando a Rede ao televisor dun xeito bastante cómodo
e sinxelo.
Polo momento descoñécese se esta familia de reprodutores de contidos remotos
comercializaranse directamente en España (xa que este fabricante tende a
limitarse ao mercado norteamericano, e incluso vende
directamente os seus produtos).