Rockstar podería deixar que un enfermo terminal xogue anticipadamente a GTA VI

luns, 19 de xaneiro do 2026 Redacción

Unha publicación en LinkedIn de Anthony Armstrong, desenvolvedor en Ubisoft Toronto, explicando que un familiar seu, enfermo de cancro desde hai anos, recibira un prognóstico devastador: apenas lle quedaban meses de vida. Gran seguidor da saga GTA, todo apuntaba a que non chegaría a ver o lanzamento da nova entrega da saga de Rockstar Games, polo que Armstrong fixo un chamamento público a contactos de Rockstar e Take-Two para tentar organizar unha sesión privada que lle permitise ao seu familiar probar o xogo antes do seu falecemento.
A petición, que incluía a disposición a asinar un acordo de confidencialidade, foi amplamente compartida e recibiu apoio de profesionais da industria, levando a que posteriormente Armstrong actualizase a publicación para anunciar que o director xeral de Take-Two se puxera en contacto con el e que estaban á espera dunha resposta de Rockstar. Finalmente, comunicou que recibiran “grandes novas”, sen poder ofrecer máis detalles, o que levou a moitos a interpretar que o estudio accedeu a cumprir o desexo do xogador.
O caso non sería un precedente illado. En 2018, Rockstar xa permitira que outro seareiro enfermo terminal xogase anticipadamente a Red Dead Redemption 2