Rock Band venderase en Europa antes do verán

venres, 1 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O último xogo musical de Harmonix, Rock Band, que está a colectar grandes éxitos nos EE.UU. chegará a Europa no primeiro trimestre fiscal do ano, ou sexa, antes do vindeiro verán, o que é unha boa nova para os afeccionados de xogos coma Guitar Hero ou Singstar.
Amais, durante unha conferencia de John Riccitiello, conselleiro delegado de Electronic Arts, confirmouse que a versión do xogo para Wii chegará pronto, aínda que non indicou datas concretas. Resulta prometedor saber que este título poderá manexarse co mando da Wii, xa que ata o momento se limitaba a instrumentos adicionais (unha guitarra, unha batería e un micrófono).

PUBLICIDADE