Rock Band 4 sae á venda
luns, 5 de outubro do 2015
Tras
un longo perÃodo no esquecemento, os xogos musicais volven as consolas de
videoxogos, comezando por Rock Band 4, xogo que mañá chega nas
súas versións para
PlayStation 4 e Xbox
One, e supón a recuperación por parte de Harmonix dunha franquÃa de éxito
que aposta pola continuidade, mantendo accesorios e incluso catálogo de
cancións descargables, o que poderÃa ser o seu principal punto ao seu favor (xa
que os usuarios que mercasen cancións para as anteriores entregas poderán
recuperalas sen custo adicional).
Rock Band 4 chega cunha completa
listaxe de reprodución, con temas moi variados, de xeito que tanto podemos
atopar cancións de Aerosmith e U2, até de Van Halen e Scorpions, aÃnda que
contar cunha tenda en liña con máis de 1.500 cancións será un grande reclamo,
de xeito que para gozar das nosas cancións favoritas non teremos que mercar
distintas edicións do xogo como acontecÃa nos seus inicios, senón que apostaremos
polos contidos descargables. Incluso o vello hardware será compatible, e os usuarios
de PS4 poderán utilizar os instrumentos que adquirisen para PS2 e PS3, o que
fai máis doado apostar por este tÃtulo, xa que evÃtase o investimento adicional
que ter que comprar un dos seus novos instrumentos (que contan con interesantes
melloras, pero teñen prezos que incluso superan ao do xogo en si).
O xogo tamén incorpora novidades como os solos de guitarra freestyle, o que tamén fixeron coa voz, de xeito que poderemos
conseguir puntos extra por improvisar (Freestyle
Vocals). Todo isto mantendo as mecánicas tradicionais das anteriores
entregas, polo que Rock Band 4
carecerá de curva de aprendizaxe, e os vellos xogadores poderán espremer o xogo
ao máximo dende o primeiro momento.
- Listaxe de temas incluÃdos en Rock Band 4