Rise of the Tomb Raider estrea versión para PlayStation 4

martes, 11 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Tras o éxito do reboot da saga de Tomb Raider as aventuras de Lara Croft foron retidas temporalmente por Microsoft, que conseguiu pechar unha exclusiva en consolas da súa secuela, Rise of the Tomb Raider, que chegou a Xbox One e Xbox 360 en novembro do ano pasado e a PC o pasado mes de xaneiro, e por fin esta dispoñible para PlayStation 4, plataforma para a que podes adquirir o xogo por 59,99 euros nunha edición que alcuman 20º aniversario, pois inclúe contidos adicionais.
Aparte do xogo en si mesmo, Rise of the Tomb Raider: 20º aniversario inclúe os contidos descargables que foi recibindo o xogo orixinal nas súas anteriores versións, de xeito que consegue unha experiencia máis completa na que o usuario pode gozar de máis de 50 horas de xogo.
Como curiosidade, esta edición de Rise of the Tomb Raider inclúe algún contido de realidade virtual, que precisa para o seu goce do casco PlayStation VR e a PlayStation Camera, que chegan ás tendas este mesmo xoves.

PUBLICIDADE