Rise of the Tomb Raider chegará a Steam en xaneiro

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Que Rise of the Tomb Raider era só unha exclusiva temporal das consolas Xbox era algo sobradamente coñecido, e aínda que os usuarios de PlayStation deberán agardar preto dun ano para poder gozar da secuela do reboot de Tomb Raider, os usuarios de PC poderán gozar en poucas semanas deste xogo, se atendemos á ficha que publicaron estes días en Steam, plataforma de xogos que fixa no mes de xaneiro o lanzamento deste agardado título.
Polo momento non detallan nin a data concreta do lanzamento, nin o prezo, aínda que hai un detalle que podería ser bastante importante: polo momento o único idioma do xogo sería o inglés, cando a versión para Xbox One (que estes días poden mercar de oferta os usuarios Gold de Xbox LIVE a 46,89 euros, mentres que para Xbox 360 ofértase a 33,49 euros) está dobrada ao español.

Imaxe coa que promocionan o xogo en Steam

PUBLICIDADE