Ridge Racer Driftopia inicia a súa beta pechada

xoves, 1 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Antes de rematar o anos estará dispoñible para PlayStation 3 e PC o xogo Ridge Racer Driftopia, que será a primeira incursión desta saga nacida na PlayStation en 1994 no Free-to-Play, e que vén de abrir a súa fase de probas, de xeito que os usuarios que queiran comezar a gozar do xogo para PC antes do seu lanzamento poden inscribirse para participar na beta pechada, de xeito que recibirán unha clave para poder descargar o xogo a través de Steam.
Aínda que o xogo será de balde, incluirá contidos de pagamento, pero durante o período de probas os usuarios poderán acceder de balde aos contidos da tenda integrada no xogo.
Para facernos unha idea do que achegará este xogo podemos ver o seu trailer:

PUBLICIDADE