Ricoh presenta unha nova cámara de 360 graos
xoves, 13 de outubro do 2016
Agora que os sistemas de realidade virtual comezan a
popularizarse, os sistemas de captación de fotografÃas e vÃdeo en 360 graos
tamén buscan o seu sitio, e por iso Ricoh vén de ampliar a súa familia de
cámaras Theta, co modelo SC, que situarÃase entre o modelo básico (M15) e o
superior (S), buscando converterse en todo un referente entre as cámaras que
queren achegar os 360 graos ás masas, principalmente pola súa facilidade de
uso.
Esta nova cámara supón interesantes melloras como unha maior apertura do seu
obxectivo e un menor peso, resultando especialmente atractivo o feito de que as
fotografÃas e os vÃdeos que xera poden cargarse rapidamente en smartphones e
tabletas (grazas ás aplicacións THETA+ e THETA+ Video) para despois poder
subilas a theta360.com ou incluso é posible subir os vÃdeos en 360 graos
directamente a Facebook e YouTube, sen precisar dun ordenador para tal proceso.
As cámaras Ricoh Theta SC
venderanse en varias cores (azul, beixe, rosa e branca), teñen unhas dimensións
de 130,6 x 45,2 x 22,9 milÃmetros, 102 gramos de peso, 2 obxectivos con
sensores CMOS 1/2.3 de 12 MpÃxeles e apertura f/2.0 e 8 GB de almacenamento
interno que serve para almacenar imaxes JPEG e vÃdeo en MPEG-4 accesibles a
través un porto micro USB 2.0 ou mediante conectividade Wi-Fi.
Estas cámaras son máis que suficientes para a meirande parte dos usuarios,
mentres que o seu modelo superior, a Theta S, ten como principais diferenzas o
contar con saÃda de vÃdeo micro HDMI e poder emitir vÃdeo en directo a través
da Internet.
- As cámaras Ricoh Theta SC, coa súa simplicidade, buscan converterse nun produto de consumo masivo