Ribeira achega dous cursos gratuítos para perfeccionar coñecementos TIC

martes, 14 de maio do 2019 Redacción

O Concello de Ribeira vai achegar dúas actividades formativas para sacarmos proveito de Internet e das tabletas como fonte de información, recursos, comunicación e, tamén, oportunidades formativas e laborais. Estamos a falar de dous cursos de balde, un sobre Internet e outro sobre tabletas, que se van desenvolver na aula CeMIT de Ribeira co obxectivo de perfeccionar os nosos coñecementos en novas tecnoloxías.
Así, do 21 ao 31 de maio haberá unha acción formativa dedicada á procura de información en Internet. Terá lugar na aula CeMIT os martes e os xoves de 10.30 a 12.30 horas.
A continuación, os días 4, 5, 6, 10, 11 e 12 de xuño, de 16.30 a 18.30 horas, haberá outro curso sobre a aprendizaxe do uso de tabletas dixitais. Con tal motivo disporase de 8 dispositivos tecnolóxicos desta índole para que os asistentes poidan practicar.
As persoas interesadas poden inscribirse na rúa 1 Cubeliño 20 baixo (teléfono 981 876 043) ou ben a través da web específica da aula, https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.

PUBLICIDADE