Rhythm Thieft & the Emperor’s Treasure será unha das propostas máis prometedoras de SEGA para a Nintendo 3DS

xoves, 1 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Esta semana SEGA deu a coñecer o que promete ser un grande éxito, Rhythm Thief & the Emperor’s Treasure, xogo exclusivo para Nintendo 3DS que parece combinar o estilo dos xogos do profesor Layton e Elite Beat Agents, e que poderemos ver nas tendas a primeiros de 2012.
Rhythm Thief & the Emperor’s Treasure mestura ritmo, quebracabezas e unha historia atractiva, aproveitando a tecnoloxía da Nintendo 3DS, nunha aventura que nos levará polas rúas de París encarnando a Raphael, un ladrón que vai na procura da pulseira de Tiamat para resolver o misterio da desaparición do seu pai.
Aínda que o xogo está centrado nunha aventura para un xogador, tamén terá un modo multi-xogador e fará uso do servizo StreetPass.


O xogo de SEGA xa ten trailer

A estética do xogo e os seus aires de misterio lembran ás aventuras do profesor Layton

PUBLICIDADE