Resident Evil 6 terá novos modos de xogo descargables
mércores, 5 de decembro do 2012
O vindeiro 18 de decembro o xogo Resident
Evil 6 recibirá novo contido descargable en
exclusiva temporal para Xbox 360 que consistirá nos modos de
xogo Predador, Superviventes e Invasión,
e que poderán adquirirse por 320 Microsoft Points cada un ou 720 Microsoft
Points en conxunto.
O modo Predador permite ao xogador
tomar o papel dun Ustanak, unha arma biolóxica que axexa a Jake Muller na súa
campaña e que intentará eliminar ao resto dos xogadores (que deberán procurar detelo
ou cando menos sobrevivir ata que remate a sesión).
O modo Superviventes é unha variación
do clásico modo versus no que poden
participar entre 2 e 6 usuarios en solitario ou en equipo. A súa innovación
consiste en que os humanos caÃdos en combate resucitarán como inimigos que
poderán recuperar a forma humana se derrotan a outro humano. Gañará a contenda
a última persoa ou equipo que se manteña en pé.
O modo Invasión permitirá a 2 xogadores
enfrontarse desfacéndose de hordas de inimigos que se aproximan, podendo
encadear combos como chave do éxito neste modo, pois dese xeito poden enviarse
inimigos á pantalla do opoñente.
- No modo Invasión dous xogadores competirán en desfacerse dos inimigos que vaian xurdindo nas súas pantallas
- No modo Predador fará acto de presenza Ustanak
O modo Predador explicado en vÃdeo
O modo Superviventes visto en vÃdeo
O modo Invasión amosado en vÃdeo