Resident Evil: Revelations estrea demo unha semana antes do seu lanzamento
xoves, 16 de maio do 2013
A
chegada de Resident Evil: Revelations
á Nintendo 3DS foi recibida con entusiasmo por moitos afeccionados á saga de
Capcom, en boa medida por supor un xiro cara ao xénero do survival horror propia das primeiras entregas da saga, aÃnda que
sen perder os elementos de acción que tomou nos últimos tempos, e para non
limitar a dispoñibilidade deste tÃtulo e compensar aos xogadores pola decepción
que supuxo o Resident Evil 6 a semana
que vén estrearase en plataformas domésticas, concretamente para Xbox 360,
PlayStation 3, Wii U e PC.
Dado que estamos ante o salto dun xogo dunha consola portátil, ou sexa, cun
nivel gráfico moi limitado, a pantallas de grande tamaño, é de esperar certo
temor por parte dos xogadores de atoparse ante un tÃtulo menor, e para evitar este tipo de reticencias esta semana estrearon
en PlayStation
Network, o Bazar
de Xbox LIVE e Steam
unha versión de demostración que permÃtenos probar unha parte da campaña do
xogo na que controlamos a Jill Valentine abordando un barco pantasma na procura
do seu antigo compañeiro, Chris Redfield.
- Na demo do xogo podemos meternos na pel dun dos seus personaxes xogables, Jill Valentine
Trailer da versión para Wii U de Resident Evil: Revelations