Resident Evil: Revelations estrea novo trailer

martes, 27 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro 27 de xaneiro chegará ás tendas españolas Resident Evil: Revelations, xogo que vai ser especialmente relevante no noso mercado por introducir o Botón Deslizante Pro (ou Circle Pad Pro), tarefa que no Xapón desenvolve Monster Hunter Tri G, pero o xogo en si mesmo tamén vai destacar, especialmente por dar a impresión de querer volver á fórmula de survival horror das primeiras entregas da saga Resident Evil e estreando gráficos estereoscópicos (o que debería axudar a somerxer na acción terrorífica aos usuarios da Nintendo 3DS).
Nas últimas horas o novo traballo de Capcom para 3DS tamén estreou un trailer, que polo menos está a crear expectación, aínda que posiblemente poderemos comprobar en breve en primeira persoa se as imaxes cinemáticas que podemos ver no vídeo promocional representan realmente a calidade do xogo final, pois espérase que nuns días poidamos gozar dunha demo deste título como xa fan no Xapón (onde a Nintendo 3DS estreou versións de demostración para os seus xogos esta mesma semana).


Novo trailer de Resident Evil: Revelations

PUBLICIDADE