Reprodutores multimedia portátiles con TDT de Energy Sistem

venres, 12 de xuño do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 91.5 KB
O Energy 7004 é de cor negra e ten 4 Gb de memoria interna

O 27 de xullo Energy Sistem porá no mercado os seus novos reprodutores multimedia portátiles da Serie 70, que veñen a ser uns dispositivos de 108 x 72 x 16 milímetros e 137 gramos de peso que chegan en dúas versións que difiren en cor externa e capacidade de almacenamento, pero que ambos inclúen reprodución de MP3, WMA, WAV, AVI (DivX, XviD), FLV, RM e RMVB sen conversión, contando tamén con saída de televisión e sintonizador de TDT.
O Energy 7004 é de cor negra, ten unha capacidade de almacenamento de 4 Gb e venderase a 129 euros, mentres que o Energy 7008 é de cor azul e o seu prezo será de 149 euros, aínda que ambos poderán ampliar a súa capacidade de almacenamento mediante tarxetas SDHC de ata 32 Gb. A súa pantalla TFT é de 3,5 polgadas, e tamén integran unha antena extensible e un altofalante.

PUBLICIDADE