Reprodutores iPod nano de Sensación de Vivir
mércores, 30 de xullo do 2008
Os reprodutores
multimedia de Apple permiten dende hai tempo que os que os adquiran a través da
súa web os personalicen de balde cun gravado (de texto) con láser, pero a
posibilidade de tatuar os iPod tamén
abre a posibilidade de comercializar edicións limitadas con motivos, o que
dende a CBS aproveitan, de xeito que dende a súa páxina web norteamericana
veñen de estrear unha edición
limitada de reprodutores iPod nano de 2.000 unidades coa imaxe da serie Sensación de Vivir, o que
poderÃa agradar a moitos nostálxicos, que poden adquirir o modelo de 4 Gb por
219 dólares e o de 8 Gb por 269 dólares.
Estas edicións dos iPod nano tamén aceptan o gravado láser coa frase que
queiran os seus compradores, o que os converten nuns reprodutores aÃnda máis
exclusivos. Iso si, esta personalización non se limita á serie ambientada en
Beverly Hills, senón que tamén é posible facerse cun iPod
Touch de CSI: Miami, un iPod
nano de Entre Fantasmas ou
un iPod
shuffle da serie orixinal de CSI
entre moitos outros reprodutores.
Polo momento non sabemos de ningunha compañÃa española que replicara a
iniciativa dentro das nosas fronteiras con reprodutores iPod de Los Serrano ou Médico de Familia.