Reprodutor multimedia doméstico de tamaño compacto

venres, 24 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Ante a crecente popularidade dos reprodutores multimedia que permite a reprodución de contido en alta definición no televisor, Asus optou por ampliar a súa familia de dispositivos apostando polo minimalismo, de xeito que o Asus O!Play Mini chega ao mercado cun tamaño (151,85 x 106,7 x 29,03 milímetros), un peso (175 gramos) e un prezo (uns 70 euros) reducidos, o que loxicamente afecta á súa conectividade, pero cumpre igualmente para un bo número de usuarios.
Estamos ante un reprodutor multimedia que carga os contidos a través de unidades USB ou tarxetas de memoria, para amosalos a través de HDMI. Soporta vídeo a 1.080p en case todos os formatos coñecidos, son 7.1 TruHD e subtítulos (que grazas á tecnoloxía RightTxT detecta os máis axeitados a cada reprodución).
Asus tamén conta con reprodutores semellantes con Ethernet e Wi-Fi, que non teñen un prezo moi superior, pero con este trebello conseguen un tamaño compacto ideal para transportar ou para aproveitar o pouco espazo que en moitos casos existe ao redor do noso televisor.

PUBLICIDADE