Reprodutor multimedia con soporte de ficheiros FLV

xoves, 26 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O reprodutor multimedia OPPO Blast permite reproducir ficheiros de tarxetas microSD, e reproduce vídeos na súa pantalla TFT de 2,4 polgadas, soportando ficheiros en distintos formatos (MP3, WMA, MP4, AVI, XVID e FLAC) pero que destaca porque incorpora o soporte de ficheiros de vídeo FLV, ou sexa, vídeos optimizados para a súa visualización na Internet que se fixeron populares grazas a YouTube.
Deste xeito, os usuarios poden valerse de distintas aplicacións para descargar directamente os vídeos de YouTube e poder reproducilos no seu reprodutor multimedia sen precisar convertelos a outros formatos soportados, o que podería ser unha función que comezase a incorporarse no resto de PMP de fabricación chinesa.

PUBLICIDADE