Reprodutor multimedia coa imaxe da cantante P!nk

luns, 6 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A cantante P!nk, tras prestar a súa imaxe á consola portátil de Sony (de xeito que lanzaron unha PSP de cor rosa) achegarase agora ó mundo dos reprodutores multimedia, pois o fabricante TrekStor lanzará o P!nk i.Beat, que é un reprodutor de música que se vende en capacidades de entre 1 e 2 Gb (a 99 e 129,99 euros respectivamente) que conta cunha pantalla de 1,7 polgadas, soporte para ficheiros MP3, WMA e WAV, con sintonizador de radio FM e gravación tanto da radio coma de voz. O dispositivo tamén permite a reprodución de vídeo en formato SMV.
O P!nk i.Beat ten unha carcasa de aluminio na que está gravada a sinatura da cantante, e se vende en cores rosa e prata . Mide 3,7 x 8 x 0,9 cm. e pesa 33 gramos e chegará ás tendas durante o presente mes.

PUBLICIDADE