Reprodutor de MP3 anti-acne

xoves, 27 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os xaponeses nos teñen afeitos a trebellos bastante absurdos, e como exemplo vende agora un reprodutor de MP3 que responde ó nome de Mpion que mediante ións plus é capaz de facer unha limpeza profunda da pel para o tratamento do acne, mentres que con ións 0 permite facer unha masaxe facial.
Dado que este dispositivo só conta con 128 Mb de capacidade deberiamos dicir que se trata dunha máquina anti-acne con MP3 e non o contrario. O Mpion mide 41,1 x 24,2 x 3,4 mm. e se vende por 20.790 iens (127,33 €).

PUBLICIDADE