Reprodutor de Blu-ray 3D de alta gama de Philips
mércores, 22 de setembro do 2010
Cada vez
son máis os fabricantes que soben ao carro das 3D, e agora é
Philips a compañÃa que actualiza os seus reprodutores de discos Blu-ray
para facelos
compatibles co novo formato Blu-ray 3D, estreándose esta liña de produtos
co reprodutor de alta gama Philips
BDP9600, que aparte de permitir a visualización de pelÃculas en alta
definición almacenadas en discos Blu-ray, integra tecnoloxÃas coma o procesado
de vÃdeo Qdeo (que mellora a sensación de profundidade en televisores 3D), son
envolvente 7.1, conectividade Wi-Fi N e NetTV para acceder a contidos da Rede,
acceso a contidos multimedia en rede a través de DLNA, certificación DivX Plus
para reproducir arquivos en alta definición (incluÃndo o popular contedor MKV)
e un prezo de 599 euros.
Pero Philips non queda nun único dispositivo, e tamén estrearán unha gama de
reprodutores da serie 8000 que modifica lixeiramente o seu deseño e prescinde
da tecnoloxÃa Qdeo, polo que deberÃa acadar un prezo máis asumible.
- O Philips BDP9600 é un reprodutor de Blu-ray 3D de alta gama con completas prestacións multimedia
- Philips quere potenciar a presenza das 3D no salón