Reino Unido facilita os pagamentos contactless ante o COVID-19
martes, 24 de marzo do 2020
Nos últimos dÃas son moitos os establecementos comerciais
que para reducir as posibilidade de transmisión do COVID-19 están a instar aos
seus clientes a realizar pagamentos con tarxeta bancaria, fuxindo do uso de
efectivo e incluso instando a aproveitar as posibilidades de pagamento sen
contacto da meirande parte das tarxetas actuais (e tamén dos sistemas de
pagamento a través do móbil), pero estes sistemas non sempre son os máis acaÃdos,
xa que normalmente para os pagamentos de máis de 20 euros é preciso introducir
un PIN, de xeito que o cliente ten que tocar un dispositivo polo que pasaron
moitas outras mans. Para mitigar este problema no Reino Unido veñen de anunciar
que a
partir do 1 de abril elevarán o máximo de compra contactless sen PIN a
45 libras esterlinas (49 euros) de xeito que boa parte das compras diarias gozarÃan
dunha maior seguridade, ao realizarse o pagamento sen contacto fÃsico.
Cómpre advertir de que en Reino Unido xa subiron hai un lustro de 20 a 30
libras esterlinas o lÃmite dos pagamentos sen PIN, e aÃnda que a práctica de situar
moi elevadas as barreiras de pagamentos sen verificación poida incrementar o
risco de fraude, estamos nunha situación na que pode xustificarse ben.
Este cambio de polÃtica poderÃa chegar a outros paÃses europeos nas vindeiras
semanas, xa que pode considerarse convinte o impulso dos pagamentos mediante a
tecnoloxÃa NFC, aÃnda que tamén é interesante salientar que cando realizamos
este tipo de pagos con móbiles que empregan tecnoloxÃas de identificación
biométrica tampouco é preciso introducir o PIN nos terminais de punto de venda
(TPV) para calquera importe, polo que o COVID-19 poderÃa converterse nun grande
impulsor dunha fórmula de pagamentos que cada vez goza de mellor aceptación.