RedmiBook 14, o novo portátil de Xiaomi

martes, 28 de maio do 2019 Marcus Fernández

A marca Redmi estrea ordenadores portátiles, comezando polo RedmiBook 14, un equipo con pantalla de 14 polgadas e 1,5 quilogramos de peso que está equipado con procesadores Intel Core de 8ª xeración, gráficas nVIDIA GeForce MX250 e até 8 GB de RAM e 512 GB de SSD que van estrearse no mercado chinés o 1 de xuño a un prezo que parte dos 3.999 iuans (517 euros).
Concretamente o modelo que custa 3.999 iuans está equipado cun procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento SSD, mentres que o modelo con 512 GB de SSD sube até os 4.299 iuans (556 euros) e o modelo cun procesador Intel Core i7 e 512 GB de SSD chegaría até os 4.999 iuans (646 euros), prezo que segue a ser moi axustado para un equipo das súas prestacións.

O RedmiBook 14 ten unha autonomía de até 10 horas e o seu deseño delgado e lixeiro convérteno nunha opción moi axeitada para quen busca informática portátil a un prezo axustado

PUBLICIDADE