Redmi Note 8 Pro, un gama media apto para xogadores
luns, 23 de setembro do 2019
O
vindeiro xoves sairá á venda en España o Redmi Note 8 Pro, variante dun
dos smartphone estrela en vendas de Xiaomi que está destinada a usuarios máis
esixentes e, especialmente, aos que queren gozar de videoxogos en mobilidade,
xa que incrementa o tamaño de pantalla (até as 6,53 polgadas), a capacidade do procesador,
a cantidade de memoria RAM e a baterÃa, aproveitando as melloras tamén para
incorporar cámaras frontal e traseira de maior resolución.
O Redmi Note 8 Pro presume de ser o primeiro smartphone comercializado en
España con cámara cuádrupla de 64 MpÃxeles e, de feito, sorprende que un
dispositivos de gama media poida contar cun sensor de tal resolución, poida
gravar vÃdeo en 4K e sexa capaz de filmar en cámara lenta a 960 imaxes por
segundo. Aparte do sensor CMOS de 64 MpÃxeles con apertura f/1.7, tamén ten un
grande angular de 8 MpÃxeles, un macro de 2 MpÃxeles e un sensor de
profundidade de 2 MpÃxeles. A Cámara frontal ten un sensor de 20 MpÃxeles e
apertura f/2.0 con modo retrato e numerosos efectos.
O elemento que valerÃalle o apelido Pro a este teléfono serÃa o seu
procesador MediaTek Helio G90T, que presume dun mellor rendemento que o
Qualcomm Snapdragon 710 e incluirÃa un sistema de refrixeración lÃquida para pode
gozar de lonxas xornadas de xogo sen problema, ao que tamén contribúe o deseño
da súa antena Wi-Fi, disposta para que ao colocar o móbil en horizontal as mans
do xogador non bloqueen a recepción do sinal (como acontece con moitos outros
móbiles).
Precisamente para poder gozar de bastante tempo de xogo o Redmi Note 8 Pro ten
unha baterÃa de 4.500 mAh que pode cargarse completamente en 2 horas grazas ao
seu cargador de 18 watts.
Este novo teléfono chega en configuracións con 6 ou 8 GB de RAM e inclúe tanto
porto para auriculares como NFC, e ten protección Corning Gorilla Glass 5 tanto
por diante como por detrás, de xeito que estamos ante un dispositivo que, pese
ao seu prezo axustado, semella un gama alta a nivel de prestacións.
O Redmi Note 8 Pro venderase a 249 euros no seu modelo con 6 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento, custando 269 euros a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento. Ambos estarán dispoñibles en cor gris, branca ou verde, e cómpre
sinalar que o modelo básico lanzarse promocionalmente a un prezo de 229 euros.