Red Dead Redemption 2 estrea un impresionante tráiler

xoves, 9 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Moitos son os xogadores que están a esperar con ansia o 26 de outubro para facerse co xogo Red Dead Redemption 2, e para ir abrindo boca, dende Rockstar publican hoxe un novo tráiler no que nuns 6 minutos podemos ver o xogo en acción, polo que podemos ver o ben que esta produción corre en consolas reais.
O xogo situaranos no Salvaxe Oeste americano en 1899, en pleno ocaso, coas forzas da lei dando caza ás últimas bandas de foraxidos. Neste contexto poderemos vivir as peripecias de Arthur Morgan e a banda de Van der Linde, que tras un atraco fracasado na cidade de Blackwater deberán fuxir de axentes federais e cazadores de recompensas, á vez que continuarán a atracar, roubar e loitar para sobrevivir.

Tráiler do xogo con imaxes capturadas dunha PlayStation 4 Pro

PUBLICIDADE