Red Dead Redemption 2 anuncia as súas edicións

luns, 4 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O 26 de outubro chegará a PlayStation 4 e Xbox One o agardado xogo de Rockstar Games Red Dead Redemption 2, do que haberá distintas edicións e recompensas para quen se faga co xogo en compra anticipada. Deste xeito, os que opten por reservar o xogo poderán gozar no modo historia dun cabalo de guerra e dun kit de superviviencia do foraxido, aos que sumaranse bonificación de cartos e un mapa do tesouro no caso de que a reserva sexa para o xogo en formato dixital.
Red Dead Redemption 2: Special Edition ofrecerá contido exclusivo para o modo historia, como as misións Atraco ao banco e Asalto á gorida, o cabalo de carreiras tordo negro, bonificacións, potenciadores, a roupa de pistoleiro de Novo Paraíso e acceso a máis armas; mentres que a Ultimate Edition incluirá a maiores contido para o modo multixogador como indumentarias adicionais (cazarrecompensas de Blackrose e matón de Copperhead), un cabalo de carreiras puro sangue alazán negro, acceso ao tema de personalización de Supervivente para o campamento, acceso a máis armas e bonificacións de nivel (para chegar antes ao nivel 25).
Pero, sen dúbida, a edición máis curiosa será a Collector’s Box, que curiosamente non inclúe o xogo, senón que limítase a mercadotecnia como unha caixa de décimos metálica con pecho e chave, unha moeda coleccionable de desafío, un quebracabezas de dobre cara, unha bandana Six Shooter, un mapa do tesouro, un conxunto de 6 pins, naipes, un catálogo de Wheeler, Rawson and Co. e 12 estampas de cigarros. Toda unha peza para coleccionistas que terá distribución limitada e que custará 99,99 euros.

A caixa para coleccionistas de Red Dead Redemption 2 sorprende por non incluír o xogo

PUBLICIDADE