Receptor de radio AM/FM con Wi-Fi

venres, 19 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados a escoitar emisoras de radio pola Internet poderán librarse do ordenador para tal función grazas á RCA Infinite Radio RIR200, pois este receptor permite escoitar radio FM e AM pero tamén inclúe Wi-Fi, o que lle permite non só recibir radio pola Internet (a través do servizo Slacker), senón tamén gravar ata 10 horas da mesma (aínda que os ficheiros non se poden trasladar posteriormente ao PC, senón que se teñen que reproducir dende o propio dispositivo).
Amais, o receptor tamén pode reproducir ficheiros musicais en formato MP3, WMA e RealAudio dende memorias USB. Aínda que este receptor non teña unhas prestacións espectaculares, destaca especialmente por ter un prezo moderado, xa que se vende por 99,99 dólares (cando outros produtos semellantes chegan a triplicar esa cantidade).

PUBLICIDADE