Receptor de TDT compatible co DNIe
venres, 18 de xullo do 2008
El Corte Inglés
presentou o primeiro receptor de TDT compatible do Documento Nacional de
Identidade Electrónico (DNIe), o que posibilita o acceso a servizos públicos
que precisan do uso do DNIe para identificar ao usuario coma tamén se fai a
través dun ordenador. Deste xeito, un usuario poderÃa confirmar o borrador da
declaración da Renda, consultar a vida laboral dende o seu televisor, acceder á
información catastral, consultar o estado de expedientes ou consultar
os puntos e antecedentes de tráfico dende o seu televisor.
O receptor Inves
TDT MHP-3200e permite o acceso a servizos interactivos (MHP 1.1.2) e
conta cun lector de tarxetas intelixentes compatible co DNIe (e con outras
tarxetas que tamén se poden empregar para pagos electrónicos). Resulta moi
doado de configurar, o seu contorno gráfico é moi amigable e o seu prezo de
venda é de 115 euros.