Receptor de TDT HD en formato vertical

luns, 27 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Best Buy muda a posición dos seus receptores de Televisión Dixital Terrestre de alta definición co seu novo Easy Home TDT HD Flex, que co seu formato vertical busca ocupar pouco espazo xunto ao televisor. O dispositivo mide só 12,8 x 8,6 x 3,2 centímetros, pode conectarse ao televisor por HDMI ou vídeo composto/euroconector e, aparte de facilitar a recepción de canles de TDT de alta definición, tamén conta cunha conexión USB frontal que serve para reproducir contidos multimedia de discos duros e unidades de memoria coma vídeos comprimidos en DivX ou MKV, música en MP3 ou imaxes JPEG.
O seu prezo de venda é de 44,90 euros e resulta especialmente axeitado para quen conta cun televisor de alta definición que non incorpora de serie un receptor de TDT de alta definición.

PUBLICIDADE