Realme presenta un smartphone con SuperZoom
martes, 26 de maio do 2020
Continúan os novos lanzamentos de Realme, fabricante chinés
que chegou a España con moita forza, e que o 2 de xuño porá á venda o Realme X3
SuperZoom, un smartphone bastante completo, que ben poderÃa ser un alta
gama de 2019, pero que grazas a certos compromisos consegue situarse nun rango
de prezos máis asumible. Temos asà que este móbil con 12 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento ten un prezo de 499 euros.
O Realme X3 SuperZoom está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 855+ (procesador
con bastantes meses de vida, que serÃa a principal concesión deste teléfono),
pantalla cunha velocidade de refresco de 120 Hz (que é o elemento que denota
que estamos ante un smartphone de 2020), cámara cuádrupla cun sensor principal
de 64 MpÃxeles con Super Zoom 60x (aÃnda que realmente ten un obxectivo de 8
MpÃxeles con zoom de 5x) e modo nocturno avanzado, cámara frontal dual de 32
MpÃxeles e baterÃa de 4.200 mAh con carga rápida de 30 watts.
Pódese destacar que estamos un móbil sen 5G, que ten pantalla LCD (de aà que
careza de lector de impresións dixitais en pantalla, opte por un lector
integrado no botón de acendido) e certa resistencia á auga (sen certificación
IP); e conte cun sistema de refrixeración de vapor (o que poderÃa facer
recomendable este terminal para xogos).
Este smartphone pódese reservar dende hoxe e, aÃnda que o dÃa 2 de xuño estará
dispoñible na páxina web do fabricante, non chegará a tendas fÃsicas até o 4 de
xuño.
- O novo smartphone ten confirmada unha ampla distribución en España