Realme atrévese cos móbiles para gamers
mércores, 31 de marzo do 2021
Mantendo os seus prezos axustados, o fabricante chinés Realme
atrévese cos móbiles para gamers e presenta o Realme GT Neo, dispositivo
que venderase inicialmente por 1.799 iuans (233 euros) con 6 GB de RAM e 128 GB
de almacenamento, por 1.999 iuans (259 euros) con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento e por 2.399 iuans (311 euros) con 12 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento, prezos cos que dificilmente terá competencia, aÃnda que é unha
incógnita se estes terminais chegarán ao mercado global.
O Realme GT Neo é un móbil de grande potencia, que en vez de apostar por un
procesador de Qualcomm opta polo Dimensity 1200 de MediaTek, que ten un
rendemento impresionante e tamén permite que falemos dun móbil con conectividade
5G, Wi-Fi 6 e Bluetooth 5.1. Ao bo rendemento tamén contribúe que o
almacenamento interno empregue tecnoloxÃa UFS 3.1.
A pantalla do Realme GT Neo é Super AMOLED, ten 6,43 polgadas e o seu refresco
de 120 Hz resulta ideal para xogar. Tamén conta con altofalantes estéreo,
lector de impresións dixitais integrado en pantalla, cámara traseira tripla cun
sensor de 64 MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles e unha baterÃa de 4.500
mAh con carga rápida de 50 watts, asà como un conector para auriculares, elemento
moi apreciado polos amantes dos videoxogos, que buscan poder gozar do son sen
os retardos propio do Bluetooth.
Un móbil moi completo, cun deseño agresivo, que pode trunfar grazas á súa boa
relación entre prestacións e prezo.