Razer pon á venda nos EE.UU. un ordenador compacto para gamers

venres, 4 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Na pasada edición do CES de Las Vegas presentouse o Razer Tomahawk, un ordenador persoas orientado a xogadores que presumía de ser realmente modular, que permite que o usuario poida actualziar a RAM e o almacenamento SSD de xeito doado, á vez que ten unha conectividade realmente impresionante, e que por fin chega ao mercado.
O Razer Tomahawk Gaming Desktop entra por fin en catálogo (aínda que polo momento non pode mercarse dende España) como un equipo compacto, modular (non precisa de ferramentas para acceder aos seus compoñentes internos) e con soporte para tarxetas gráficas de tamaño completo (a súa configuración recomendada é cunha nVIDIA GeForce RTX 3080 Founders Edition), sendo este último elemento o que define o seu tamaño.
O equipo está equipado cun procesador Intel Core i9-9980HK de 8 núcleos, 16 GB de DDR4, 512 GB de almacenamento PCIe NVMe e 2 TB de disco duro (contando unha rañura M.2 adicional para ampliacións futuras), WiFi 6, Bluetooth 5.0, 4 portos USB 3.2 de tipo A, 2 portos USB 3.2 de tipo C, 2 portos Thunderbolt 3 e fonte de alimentación de 750 watts, que integra refrixeración activa (cun par de altofalantes superiores que expulsan o aire quente) e iluminación Razer Chroma RGB, deixando claro que estamos ante un equipo para gamers cunha estética acorde e un deseño que claramente busca que o equipo soporte longas sesións de uso intensivo.
o prezo deste ordenador nos EE.UU. é de 2.400 dólares sen gráfica, e 3.200 dólares coa RTX 3080 incluída, deixando claro que non é para todos os públicos, tanto por prezo como por orientación (xa que tampouco é habitual que un gamer busque un equipo cun tamaño tan compacto).

PUBLICIDADE