Razer lanza unha nova webcam Full HD

venres, 1 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Hai uns anos Razer sorprendeu comercializando unha webcam que integraba un anel de luz, conseguindo así que o usuario puidese verse claramente en contornos con iluminación reducida, e agora lanzan ao mercado unha revisión do produto que busca conseguir un prezo máis económico eliminando o anel de luz e substituíndoo por unha aplicación que aproveita a propia luz do monitor do ordenador para iluminar a cara do usuario.
A nova Razer Kiyo X é unha cámara web que recolle imaxes en 1080p a 30 imaxes por segundo ou a 720p a 60 imaxes por segundo; con opcións de enfoque automático e manual; software que permite axustar o brillo, o contraste, a saturación e o balance de brancos; distintos preaxustes; e incluso opcións de montaxe flexibles (pode engancharse ao monitor ou colocarse nun trípode), e todo iso a un prezo oficial de 89,99 euros, mentres que a versión co anel de luz ten un prezo de 109,99 euros. Queda así en mans do usuario se facerse cunha versión ou outra da cámara web en función do orzamento dispoñible ou das preferencias sobre o tipo de iluminación.

A Razer Kiyo X pode colocarse sobre un monitor grazas ao seu deseño articulado

PUBLICIDADE