Razer lanza un rato para xogadores zurdos
mércores, 17 de marzo do 2010
Os xergos afeccionados aos
videoxogos para PC recibirán cos brazos abertos o novo rato Razer
DeathAdder Left Hand Edition, que asegura ser o primeiro rato informático
deseñado para xogadores zurdos, e que, aparte do seu orixinal deseño
ergonómico, tamén presenta unhas elevadas prestacións, cunha precisión de 3.500
dpi mediante un sensor de infravermellos 3.5G, unha resposta de 1 milisegundo,
5 botóns programables de xeito independente, axuste de sensibilidade ao vo, unhas medidas de 128 x 70 x 42,5
milÃmetros e un prezo de 59,99 euros.