Rayman Legends sairá finalmente o 30 de agosto

xoves, 25 de abril do 2013 Marcus Fernández

Tras anunciarse o adiamento do xogo Rayman Legends ao mes de setembro para que, aparte de para Wii U, tamén contase con versións para PS3 e Xbox 360, Ubisoft volve a axustar o calendario da secuela de Rayman Origins e agora sitúan o lanzamento de Rayman Legends para o 30 de agosto, co que parece que evitarían coincidir nas tendas co lanzamento de Grand Theft Auto V, xogo que podería eclipsar totalmente a este prometedor xogo de plataformas.
Para calmar aos usuarios de Wii U, que levan moito agardando por este xogo, hoxe chega á Wii U eShop a aplicación Rayman Legends Challenges, que pode descargarse de balde e que ofrecerá catro niveis que estarán dispoñibles para de 1 a 5 xogadores e alternarán regularmente con retos diarios e semanais. As marcas no xogo rexistraranse en liña e tamén será posible competir contra os nosos amigos (que aparecerán como imaxes pantasma). Os niveis cos que se estrea a aplicación son: o alxube de Murfy, a fosa interminable, a torre infinita e a terra dos non-tan-mortos, niveis xerados ao azar.


Vídeo de presentación da nova aplicación de Rayman que pode descargarse de balde para Wii U dende hoxe

PUBLICIDADE