Rato para xogar ao World of Warcraft
luns, 13 de outubro do 2008
Para facer máis doado
o xogo aos afeccionados a World of
Warcraft para o vindeiro mes comezarán a vender un
rato de SteelSeries deseñado especificamente para o uso do xogo de Blizzard,
e que inclúe 15 botóns programables, acepta macros de ata 160 carácteres, conta
con máis de 130 instrucións predefinidas para a creación de macros mediante arrastrar e soltar e permite elixir
entre 16 millóns de opcións de iluminación con 3 intensidades e niveis de
pulsación.
O
rato se venderá a 89,99 euros, e permite prescindir case totalmente do
uso do teclado durante as partidas ao WoW,
aÃnda que poucos usuarios serán capaces de tirar proveito deste tipo de
periférico (pois para moitos poderÃa ser todo un problema contar con tantos
atallos nun único dispositivo).