RTVE estrea aplicacións para televisores conectados

luns, 19 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Presentación das novas aplicacións de RTVE

Radio Televisión Española, continuando na súa aposta polos novos soportes, presentou as súas solucións para dispositivos de televisión conectados, ou sexa, que os televisores con acceso á Internet terán agora tamén acceso aos contidos á carta dispoñibles en RTVE.es dun xeito doado, grazas en boa medida á adopción do estándar HbbTV (Hybrid Broadcast Broadband TV) apoiado polas principais canles públicas europeas.
Deste xeito, que teña un televisor con acceso á Internet de fabricantes como Samsung ou Sony (ou mesmo a través de reprodutores de Blu-ray conectados), poderán facer uso de aplicacións que abrirán o acceso aos contidos de RTVE.es, coa comodidade do mando a distancia.

A Xbox 360 recibe os contidos de RTVE.es dende que actualizou o seu Dashboard

Este xeito de levar os contidos á carta de RTVE ao salón non só pode facerse a través de televisores, senón que agora tamén é posible utilizar as consolas de videoxogos para establecer unha ponte entre a Internet e o televisor.
Para redondear esta estratexia multiplataforma, RTVE tamén leva tempo facilitando o acceso aos seus contidos dende dispositivos móbiles, de xeito que o número de pantallas dende as que recibir a radio e a televisión cada vez é máis amplo.

Para espallar os seus contidos á carta RTVE adoptou o estándar HbbTV
Os contidos á carta de RTVE poden recibirse a través da Xbox 360

PUBLICIDADE