RØDE presenta un adaptador para conectar micrófonos profesionais ao iPhone e o iPad
luns, 14 de setembro do 2015
Aproveitando
a celebración da feira IBC en Amsterdam RØDE anunciou un interesante accesorio para
dispositivos con iOS que resulta de grande utilidade para reporteiros, correspondentes,
músicos e outros profesionais, xa que trátase dun adaptador que permite
conectar micrófonos XLR ao porto LIghtning propio do iPhone ou do iPad, para
asà poder realizar gravacións e mesmo retransmisións en directo valéndose de micrófonos
profesionais en vez de empregar o micrófono integrando no dispositivo.
Este novo produto responde ao nome de i-XLR,
e entre as súas vantaxes figura que pode acompañarse cunha aplicación de balde
de RØDE, que pode amplificar en 20 dB os micrófonos dinámicos e incluso inclúe
unha toma para auriculares con control de volume. Esta solución é ideal para
conectar micrófonos de man, micrófonos de gravata e incluso micrófonos de
estudio, para recibir un sinal de calidade no dispositivo con iOS.
Queda agora por coñecerse a data e o prezo de lanzamento deste accesorio que
agradecerán moitos profesionais que busquen alternativas de máis calidade ao iRig PRE (ou iso é de
agardar ao empregar o produto de RØDE unha entrada dixital en vez da analóxica
que utiliza IK Multimedia).
- O novo accesorio de RØDE é unha boa ferramenta para reporteiros en mobilidade
VÃdeo de presentación do i-XLR