RNE, COPE e SER potenciarán a Onda Media
luns, 15 de setembro do 2008
- Receptor de radio dixital
Radio Nacional de España, a COPE
e a SER chegaron a un acordo no que baixo o nome Impulsa Onda Media Digital se
comprometen a potenciar a difusión e recepción das emisións de Onda Media (AM)
en todo o territorio nacional.
As canles radiofónicas tamén acordaron dixitalizar nun futuro próximo as súas
actuais frecuencias en Onda Media para mellorar a eficacia e receptividade das
emisións nesta banda de frecuencias.
As compañÃas desenvolverán campañas publicitarias para promocionar a radio en
AM e premiarán aos fabricantes de automoción e de elementos de son que apoien
as emisións deste tipo e solicitarán á Administración de Telecomunicacións que
impulse calquera tecnoloxÃa dixital que permita simultanear as emisións
dixitais coas actuais emisións analóxicas.